subvencions_agradecementos

SERVIZOS E PROGRAMAS

Atención e información gratuíta a todas as persoas con diversidade funcional que se acheguen por primeira vez a nosa entidade. Na asociación informamos, asesoramos, apoiamos e ofrecemos consello profesional gratuíto ó afectado e a súa familia nas diferentes etapas e situacións: na aparición da enfermidades, problemas de saúde, discapacidade... Ademais orienta sobre os recursos e apoios máis axeitados, adaptados a situación e a realidade de cada usuario.
ATENCIÓN SOCIAL E PSICOLÓXICA: COLABORACIÓN CÓ CONCELLO DE AS PONTES.
FISIOTERAPIA: CONVENIO CON DIFERENTES EMPRESAS DO CONCELLO.
O obxectivo principal deste programa e prestar un conxunto de atencións e así favorecer o mantemento das persoas con diversidade funcional na comunidade, durante o maior tempo posible e en adecuadas condicións de saúde.
Realízase unha entrevista inicial onde se informa sobre sobre os diferentes servizos e terapias que presta a Asociación máis adaptados a súa situación. Unha vez recollida toda a información necesaria, elabórase un Plan de Intervención Individualizado, establecendo uns obxectivos e seleccionando unhas actividades en función das necesidades da persoa.
Avaliamos e adestramos aos usuarios/as nas actividades de autocuidado (aseo, vestido, alimentación...), co fin de conseguir a máxima independencia posible. E intentamos adquirir ou manter as destrezas necesarias para as actividades instrumentais da vida diaria (uso do teléfono, compras, coidado do fogar...)
O obxectivo é o de mellorar ás súas habilidades de relación cos demais e o traballo en equipo.
Destinado ao mantemento das habilidades intelectuais conservadas o máximo tempo posible coa finalidades de preservar a súa autonomía. (atención, memoria, praxias, funcións executivas, cálculo).
Con este taller pretendemos manter e/ou mellorar ás habilidades manipulativas, do rango articular do movemento, a forza muscular, a resistencia, a coordinación e a destreza, nas extremidades superiores.
O obxectivo principal é evitar a inmobilidade. Traballamos á coordinación, equilibrio, e mobilidade articular entre as diferentes partes do corpo.
Asesoramos e adaptamos o entorno de maneira segura e accesible para facilitar a súa participación no mesmo. Asesoramos e adestramos no uso de produtos de apoio cando sexa necesario (cadeiras de rodas, táboas de transferencia, cubertos adaptados, etc.
Esta actividade emprega a música con obxectivos terapéuticos, como son a restauración, mantemento e acrecentamento da saúde tanto física como mental, emocional, social e cognitiva.
O taller de bolillos ou encaixe de bolillos é o entrelazado de fíos sobre unha almofada, seguindo un gráfico, debuxo ou motivo. A xanela conta cunha monitora dende fai 15 anos que é a encargada de levar a cabo dito taller. O obxectivo principal manter a capacidade funcional nos movementos, xestos, relacións persoais, sociais e autoestima.
Ante a demanda dos nosos usuarios/as, e dos beneficios que se poden aproveitar do arte para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, a xanela puxo en marcha un taller de pintura que permite desenrolar a imaxinación, potenciar a autonomía e favorecer á integración. Contamos cunha persoa voluntaria que acude un día á semana e agradecémoslle enormemente á labor que está a realizar.
A finais do ano 2015, ponse en marcha a actividade de Pilates, co obxectivo de axudar a mellorar a saúde e benestar dos usuarios/as. Para poder levala a cabo contamos cunha Instrutora de Pilates, Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, na actualidade esta actividade desenrólase durante dous días a semana en horario de mañá.
A raíz dunha Subvención da Deputación da Coruña do ano 2012, descubrimos os beneficios da hidroterapia. Durante unha hora semanal os nosos usuarios acoden a Piscina Municipal, acompañados polo persoal técnico da Xanela e polo monitor da Piscina. Os obxectivos que se traballan con esta actividade son: mellorar o ton muscular, o control motor, o equilibrio, a estabilidade e a coordinación.
Sempre que se presenta á oportunidade, dende A Xanela organizamos Charlas Informativas co obxectivo de informar e tratar distintos temas de interese para os nosos usuarios/as e as súas familias.
O oxetivo é potenciar o desenvolvemento de aspectos persoais como a autonomía, a creatividade, a autoestima e as relación persoais; favorecendo desta maneira a integración das persoas con diversidade funcional na sociedade e a súa normalización.
Algunhas das actividades que desenrolamos son:
  • Obradoiro de Magosto.
  • Obradoiro de Nadal.
  • Visitas Culturais.
  • Obradoiro de Entroido.
  • Xogos de mesa.
  • Viaxes lúdicos e culturais.
  • Cineforum.
Para facilitar a asistencia, A Xanela dispón dunha furgoneta,que fai duas rutas diarias en xornada de tarde para trasladar os usuarios/as o noso Centro.