subvencions_agradecementos

QUENES SOMOS

Somos unha entidade independente e libre, sen ánimo de lucro, de carácter voluntario, e pode ser considerada de utilidade pública. A Xanela forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Minusválidos), entidade de ámbito autonómico que nace no ano 1992 có obxectivo de integrar socialmente ás persoas con discapacidade e da que forman parte gran número de entidades de eido da discapacidade de ámbito local, comarcal e provincial.
O noso ámbito de actuación é a Comarca do Eume, composto polos Concellos de A Capela , Cabanas, Pontedeume, Monfero e As Pontes de García Rodríguez.
Na actualidade conta con 175 socios/as.
quen_somos
Coordinar e promover a defensa dos intereses das persoas con diversidade funcional, co fin de conseguir a máxima atención social á problemática que representan, e a súa integración na sociedade.
  • Mantemento das persoas con diversidade funcional na comunidade, durante o maior tempo posible e en adecuadas condicións de saúde.
  • Diminuír a carga de traballo e responsabilidade sobre as tarefas de control do entorno dos familiares e/ou coidadores principais, mellorando a súa calidade de vida e relación coa persoa con diversidade funcional.
  • Capacitar ao máximo das súas posibilidades ás persoas con diversidade funcional en todas aquelas actividades significativas da súa vida diaria, que por diversas causas víronse interrompidas.
  • Proporcionar apoio psicolóxico, social e sanitario.
  • Promocionar o voluntariado social.
  • Colaborar con outras institucións con obxectivos similares.
  • A Asamblea Xeral designa electoralmente aos cargos cada catro anos.
  • Os cargos divídense en:
  • Presidente: D. Juan Guillermo García Gomez
  • Vicepresidente:
  • Secretario: D. Santiago Cebreiro Cocheteux
  • Tesoureiro: D. Carlos Castro Fresco
  • Vocais: D. Arcadio Bello Permui, D. Gabriel Carballeira Paz.

RECURSOS HUMANOS

  • Guadalupe Lago Díaz (Terapeuta Ocupacional)
  • Tania Pardo Cabarcos (Educadora Social)
  • Rocío García Pérez ( Persoal de Apoio)
  • Persoal voluntario