subvencions_agradecementos

HISTORIA

O día 26/04/1989, dá os primeiros pasos “A Xanela”. Créase coa finalidade de cubrir unhas necesidades que, naqueles momentos había, e que eran, nin máis nin menos, que a integración das persoas con discapacidade. A idea era a creación de Servizos e Programas para xoves e adultos. Pero deixa de ter actividade a finais da década dos 90. Mais tarde e despois das inquedanzas dalgunhas persoas con discapacidade, comezan a contactar entre elas, para facer unha asociación de discapacitados. Aproveitando o nome e os Estatutos da extinta Xanela, fálase coa Directiva que tanto se movera para conseguir os seus obxectivos; e así, o 28/06/2000, noméase unha Xunta Xestora, e decídese continuar co mesmo nome, é dicir, A Xanela. Logo de dúas reunións cos citados dirixentes, no ano 2000 elíxese a primeira Directiva e en adiante denominarase: A Xanela – Asociación de Discapacitados Activos.
historia
historia2

A primeiros de novembro comezan as actividades, e imos realizando moitas melloras, coa colaboración do Concello, cedéndonos locais para levar a cabo nosas actividades, e realízanse convenios con diferentes empresas da nosa localidade. O 04/08/2003, créase a empresa A Xanela Carpintería, S. L., coa finalidade de fabricar palets, baixo o compromiso de venda asegurada a diversas empresas colaboradoras, Talleres Franco, Einsa, Cerámicas Verea, etc. Logo dun comezo moi ilusiónante, e dun tempo en marcha con catro empregados, tivemos que proceder á súa liquidación, moi ó noso pesar, pero, desgraciadamente non se podía manter, dado que non se cumprían as necesidades básicas, debido a diversos problemas, tanto de produción, como financeiro.

Esta actividade levouse a cabo nunha nave, cedida por ENDESA, no Viveiro de Empresas. No ano 2005, elíxese nova Directiva. Ao longo de estes anos, fixemos unha peregrinación por moito locais: o Hexágono, Estación de Autobuses, rúa Pontedeume, Avda. de Vilalba e barracóns cedidos por ENDESA. Na actualidade temos un local, construído e cedido polo Concello, sendo alcalde Valentín González Formoso, na zona do Canal IV, rúa Santiago, s/nº. Inaugurado o 20/12/2013. Tras estes longos anos de duro traballo continuamos con moita ilusión e con ganas de mellorar, sempre co fin de desenvolver novos servizos e actividades para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional que se achegan a nosa asociación.
historia3